Inicio Galicia Dous feridos graves tras un incendio nun catamarán nas proximidades da Illa...

Dous feridos graves tras un incendio nun catamarán nas proximidades da Illa da Toxa

0

Os pasaxeiros foron evacuados a porto, sen que conste ningún desaparecido

Os servizos de emerxencias trasladáronse esta tarde ata ás proximidades da Illa da Toxa para atender o sinistro dun catamarán de pasaxeiros que comezou a arder. No barco viaxaban 52 persoas, entre pasaxeiros e tripulantes, que foron evacuados ao porto do Grove, sen que consten desaparecidos.

Ata o momento, está confirmado que hai dous grandes queimados, que foron trasladados en helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ademais, outras persoas presentan feridas de menor consideración ou hipotermias. Todas elas xa foron trasladadas a distintos centros médicos.

Ante esta situación, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 (CIAE 112) mobilizou a Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil, Bombeiros de Ribadumia, Protección Civil do Grove, e o 061.

Ademais do rescate e evacuación dos pasaxeiros e tripulantes, os medios de emerxencias estableceron un perímetro de seguridade e varias dotacións de bombeiros traballan na extinción do lume que se produciu no barco. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre