Inicio Galicia ?Do tempo e dos astros? reúne dous traballos etnográficos de Antonio Fraguas

?Do tempo e dos astros? reúne dous traballos etnográficos de Antonio Fraguas

0

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu este mediodía á presentación desta publicación de Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu este mediodía, no Museo do Pobo Galego, á presentación do libro de Antonio Fraguas Do tempo e dos astros. Trátase dunha publicación da Editorial Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia, que este ano se lle dedica ao autor do volume.

Valentín García explicou que este novo libro “é unha mostra do papel de don Antonio Fraguas como estudoso e divulgador da cultura popular, no seu afán por axudarnos aos galegos a recoñecernos nela para comprendérmonos e querérmonos a nós mesmos”.

Acompañaron o secretario xeral na presentación de Do tempo e dos astros Francisco Sangiao, secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Os astros, o tempo e a morte na cultura popularDo tempo e dos astros reedita dous traballos de corte etnográfico de Antonio Fraguas: O culto aos mortos, conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo en maio de 1931 e publicada por primeira vez ese mesmo ano, e Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular, que vira a luz en 1975, no tomo V do Boletín Auriense. Dous textos que eran ata o momento difíciles de consultar e que esta publicación da Biblioteca Antonio Fraguas da Editorial Galaxia lle achega ao público no ano en que se lle dedican as Letras Galegas ao seu autor.

Antonio Fraguas FraguasAntonio Fraguas Fraguas (Loureiro, Cerdedo-Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia. Estudoso da nosa realidade cultural desde diferentes ámbitos, destacou sobre todo no eido da etnografía, onde os seus traballos contribuíron decisivamente ao coñecemento da cultura popular e ao afondamento na nosa identidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre