Inicio Galicia Díaz Mouteira subliña que o SAF extraordinario promovido pola Xunta durante a...

Díaz Mouteira subliña que o SAF extraordinario promovido pola Xunta durante a crise do coronavirus supón un incremento na provincia de Ourense de 69.000 horas de atención e coidado

0

A Xunta destina 720.000 euros mensuais ao reforzo do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos ourensáns, investimento que se suma aos 10,5 millóns de euros achegados anualmente para atender a máis de 2.900 usuarios

A Xunta de Galicia está a reforzar, coincidindo coa crise do coronavirus, o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na provincia de Ourense para a atención a persoas con necesidades asistenciais coa asignación de 69.000 novas horas de coidado a domicilio ao mes, o que supón un investimento extraordinario mensual de 720.000 euros por parte do Goberno galego. Este incremento de horas de servizo non suporá ningún gasto para o usuario, xa que a Administración autonómica asume o importe que pagaba este habitualmente. Concretamente a Xunta achegará case o 90% do custo deste reforzo no SAF mentres que os concellos ourensáns asumirán o 10% restante.

Esta medida estenderase durante o tempo que dure a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. O seu obxectivo é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, pero poidan precisar a atención nesta situación excepcional.

A delegada territorial da Xunta en Ourense quixo poñer en valor o traballo que realiza os profesionais do Servizo de Axuda no Fogar durante todo o ano, pero subliñou a súa contribución para paliar as consecuencias desta pandemia na atención e coidado das persoas maiores ou en situación de dependencia. Con este fin, Díaz Mouteira xunto coa xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso, mantivo unha videoconferencia con persoal do SAF do concello de Lobios e coa súa alcaldesa, un dos municipios da provincia que está facendo uso do total das horas concedidas no Plan extradordinario.

Marisol Díaz expresou o seu recoñecemento ao persoal do SAF que presta “un servizo esencial de coidado e atención ás persoas máis vulnerables e que máis apoio necesitan no momento de crise sanitaria que estamos a vivir”.

A delegada territorial indicou que a implantación deste SAF extraordinario é unha das medidas que forman parte do Plan social de continxencia aprobado polo Consello da Xunta para dar resposta ás consecuencias que ten a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus nos colectivos de poboación máis vulnerables, como é o caso das persoas dependentes.

Así, co incremento de horas do SAF os concellos poden priorizar os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos, así como as persoas usuarias de centro de día, servizo que desde a declaración de emerxencia sanitaria permanece pechado. Así mesmo, tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.

SAF ordinarioDíaz Mouteira lembrou que este Plan de SAF extraordinario, complementa ao ordinario que anualmente financia a Consellería de Política Social na provincia de Ourense e que o ano pasado destinou preto de 10,5 millóns de euros, asumindo o 80% do custo, para atender 107.093 horas que beneficiaron a 2.904 usuarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre