Inicio Galicia Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Vilamartín de Valdeorras e bríndalle a...

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Vilamartín de Valdeorras e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

0

Este concello ourensán recibiu dos distintos departamentos autonómicos achegas que suman máis de 500.000 euros durante o período o 2015-2019


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou en xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Álvarez Barreiro “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Marisol Díaz indicou que o Goberno galego nos últimos catro anos achegou a este concello axudas por un importe de máis de medio millón de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a Vilamartín de Valdeorras máis de 310.000 euros en materia de subvencións; case 170.000 euros en convenios; e case 75.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Así, a delegada territorial subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a mellora de infraestruturas de uso público e camiños municipais de acceso a explotacións agrarias, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais e a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos , entre outras actuacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre