Inicio Galicia Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Riós e bríndalle a colaboración da...

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Riós e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos alcaldes da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, rexedor desta localidade desde hai 26 anos. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou a mediados de xullo co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Veiga Romero “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 2,5 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Riós máis de 608.000 euros en materia de subvencións; máis de 1,3 millóns de euros en convenios; e máis de 640.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Así, a delegada territorial subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a mellora de infraestruturas de uso público e de estradas, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a captaciòn e acometida de auga ao depósito de Vendas da Barreira, a arranxo da contorna da igrexa de Santa María, a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, a recuperación do miradoiro paisaxístico de Fumaces, e o saneamento en Florderrei, entre outras actuacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre