Inicio Galicia Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Piñor para coñecer as demandas do...

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Piñor para coñecer as demandas do municipio e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos rexedores da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, segue a manter encontros institucionais cos rexedores da provincia, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos e estudar futuras actuacións a desenvolver nos concellos.

Marisol Díaz recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Piñor, José Luis González Rodríguez. A delegada territorial fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle a esta representante municipal todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza.

A representante autonómica lembrou que nos últimos catro anos Piñor recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 1,1 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a este municipio ourensán 620.000 euros en materia de subvencións; máis de 470.000 euros en convenios; e máis de 650.00 euros pertencentes a outras actuacións.

Díaz Mouteira enumerou os numerosos proxectos que Administración autonómica puxo en marcha durante o período 2015-2019 en Piñor como a mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias, acondicionamento da Aira de Freás, execución dunha senda ecolóxica fluvial no río Arenteiro, creación dunha área de autocaravanas en Monte dos Cestos, mellora do firme nas rúas de Lousado, sinalización do sendeiro ecolóxico de Peilán, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, e as casas NIño e do Maior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre