Inicio Galicia Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Padrenda e bríndalle a colaboración da...

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Padrenda e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que manterá cos alcaldes da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Padrenda, Manuel Pérez Pereira, rexedor desta localidade desde 1991. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou onte co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Pérez Pereira “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 1,2 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Padrenda máis de 555.000 euros en materia de subvencións; case 315.000 euros en convenios; e máis de 310.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Así, a delegada territorial subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a mellora de infraestruturas de uso público e de estradas, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, o saneamento na travesía de Crespos e o acondicionamento dos accesos ao miradoiro de Quinta e da ruta do sendeirismo do río Gorgua, entre outras actuacións.

Finalmente, Díaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar a executar proxectos de mellora no concello, insistindo nas “vantaxes da colaboración entre as distintas institucións, xa que aunando esforzos pódense levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns.” 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre