Inicio Galicia Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Chandrexa de Queixa para analizar futuros...

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Chandrexa de Queixa para analizar futuros proxectos conxuntos no concello

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos rexedores da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, segue a manter encontros institucionais cos rexedores da provincia, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos e estudar futuras actuacións a desenvolver nos concellos.

Marisol Díaz recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez Rodríguez, rexedor desta localidade desde hai 28 anos. A delegada territorial fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle a esta representante municipal todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza.

A representante autonómica lembrou que nos últimos catro anos Chandrexa de Queixa recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 855.000 euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a este municipio ourensán 515.000 euros en materia de subvencións; máis de 220.000 euros en convenios; e preto de 120.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Díaz Mouteira enumerou os proxectos que Administración autonómica puxo en marcha durante o período 2015-2019 neste concello como a renovación e eficiencia enerxética no alumeado público de varios núcleos, melloras de camiños, adaptación da antiga escola de Rabal para velorio, e os relativos a promoción turística, entre eles a renovación da cuberta no albergue de Celeirós, entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre