Inicio Galicia Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Avión e bríndalle a colaboración da...

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Avión e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos rexedores da provincia desde o pasado mes de xuño


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Avión, Antonio Montero Fernández, rexedor desta localidade desde 2005. Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou no mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Montero Fernández “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos Avión recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 1,2 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Padrenda case 950.000 euros en materia de subvencións; preto 200.000 euros en convenios; e máis de 170.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Así, a delegada territorial subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron en este concello a mellora de infraestruturas de uso público e de estradas, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a posta en marcha do GES e a execución de proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, entre outras actuacións.

Finalmente, Díaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar a executar proxectos de mellora no concello, insistindo nas “vantaxes da colaboración entre as distintas institucións para levar a cabo actuacións que melloren a calidade da veciñanza.”

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre