Inicio Galicia Díaz Mouteira reivindica a relevancia do sector e a turismofilia durante a...

Díaz Mouteira reivindica a relevancia do sector e a turismofilia durante a celebración do Día Internacional do Guía de Turismo

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, Sandra Quintas Vázquez,participou hoxe nunha visita guiada pola cidade organizada pola Asociación profesional de guías turísticos de Galicia (APIT), con motivo do Día Internacional do Guía de Turismo. Coa súa presenza quixo poñer en valor a importancia de contar cun sector turístico profesionalizado. “A planificación e a profesionalización do sector permiten manter o necesario equilibrio entre a capacidade de acollida dun destino e o número de turista que o visitan”, asegurou Díaz Mouteira, que apostou por un turismo de calidade e sostible.

Baixo o lema e hashtag Practica la #turismofilia a xornada quixo reivindicar a relevancia do turismo no noso país, e tódolos elementos positivos, culturais, sociais, económicos que ten este sector, contrarrestando, así, á recente aparición de sentimientos de turismofobia, de rexeitamento social cara os turistas, en certos lugares do Estado.

Así, a representante do Goberno galego trasladoulle aos guías turísticos que “apoiamos hoxe coa nosa presenza o voso valioso traballo para facer de Galicia un destino mellor, un destino competitivo e de calidade, porque sodes perfectos embaixadores do noso destino”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre