Inicio Galicia Díaz Mouteira recoñece o labor na promoción da tradición gastronómica das 40...

Díaz Mouteira recoñece o labor na promoción da tradición gastronómica das 40 confrarías homenaxeadas hoxe en Xantar

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou no acto central da segunda xornada da 21ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto central da segunda xornada da 21ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2020 dedicada ás confrarías gastronómicas e enófilas, as cámaras municipais das localidades lusas de Vila Real e Vila Nova de Famalicão, ao concello coruñés de Malpica de Bergantiños e, finalmente, aos concellos ourensáns de Parada do Sil e Viana do Bolo. A xornada contou coa presenza de 40 confrarías achegadas desde sete comunidades autónomas de España, de Francia e de Portugal. Díaz Mouteira resaltou o labor que desenvolven estas entidades e a súa contribución á conservación da cultura e a tradición gastronómica. “Contribúen a preservar a especificidade culinaria de cada zona e non podemos esquecer que a singularidade gastronómica é o recurso turístico mellor e máis auténtico” indicou, ao tempo que lembrou que a gastronomía é o segundo motivo polo que os turistas deciden visitar Galicia.

Na súa intervención a delegada territorial referiuse ao traballo de promoción, tanto turística como gastronómica, que desenvolve cada unha das entidades ás que hoxe está dedicada este certame. Entre elas o concello ourensán de Parada do Sil, que forma parte da Ribeira Sacra que é a protagonista destacada desta edición de Xantar co obxecto de promovela internacionalmente e apoiar a súa candidatura para formar parte da lista de Patrimonio Mundial da Unesco.

Xantar 2020 pechará as súas portas o vindeiro domingo logo de cinco intensas xornadas de promoción a nivel internacional da calidade dos alimentos do noso agro e mar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre