Inicio Galicia Díaz Mouteira recibe o novo presidente da Asociación de Construtores de Ourense

Díaz Mouteira recibe o novo presidente da Asociación de Construtores de Ourense

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo presidente da Asociación provincial de Empresarios da Construción de Ourense, Santiago Ferreiro Pérez. A representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Ferreiro Pérez desde que foi nomeado recentemente titular desta entidade empresarial. Na xuntanza quedaron emprazados para unha nova reunión no mes de setembro para analizar as demandas do sector da construción e liñas de cooperación para favorecer a súa actividade empresarial. 

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

- Te recomendamos -