Inicio Galicia Díaz Mouteira recibe á nova presidenta de APES, entidade ourensá dedicada...

Díaz Mouteira recibe á nova presidenta de APES, entidade ourensá dedicada á prevención social

0

A delegada territorial da Xunta salientou a colaboración que a Consellería de Política Social mantén con esta asociación para apoiar os programas que desenvolve en prol da reinserción sociolaboral de persoas reclusas


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho á nova presidenta da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), Susana Pérez Crespo.

Na xuntanza Díaz Mouteira e Pérez Crespo fixeron un repaso tanto das actividades como dos novos proxectos nos que están a traballar, algúns dos cales contan con achega da Administración autonómica. A representante do Goberno galego en Ourense puxo en valor as accións que desenvolve APES en prol da inclusión, en especial das persoas ingresadas en prisión ou que estiveron privadas de liberdade e afrontan a súa reincorporación á sociedade.

Marisol Díaz lembrou que con cargo á orde de axudas das anualidades 2017-2019 APES recibiu achegas que ascenden a 109.296 euros, cantidade que a entidade destina ao desenvolvemento de itinerarios de desenvolvemento social e laboral deste colectivo. Ademais, a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, ao abeiro dos plans Iniciativa Xove e Voluntariado, concedeulle apoios no mesmo período cifrados en máis de 16.000 euros.

A delegada territorial ofreceulle á nova responsable da entidade ourensá diálogo e colaboración da Administración autonómica para continuar a traballar en proxectos de prevención dos comportamentos de risco social e educación social.

Dende 2008, data da súa constitución, APES é unha asociación que desenvolve programas que buscan mellorar a empregabilidade das persoas en situación de vulnerabilidade social, promove proxectos escolares para un arraigo social efectivo e apoia os procesos de reinserción sociolaboral de persoas reclusas para evitar a súa reincidencia.

Na actualidade APES ten activos os proxectos ‘Presentes’, ‘Punto de partida’, ‘Incorpora’, ‘Reincorpora’, ‘Detectives sociais’ e ‘Investigadores sociais’,.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre