Inicio Galicia Díaz Mouteira recibe a nova directiva de Aspanas, entidade dedicada á discapacidade...

Díaz Mouteira recibe a nova directiva de Aspanas, entidade dedicada á discapacidade intelectual

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho á nova presidenta e vicepresidente da xunta directiva da Asociación de Pais e Nais a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanas), que acudiron acompañados do xerente da entidade ourensá, Sergio Regueiro. Trátase de Susana Losada Soto e Javier Rodríguez González que xa formaban parte da xunta directiva como vogais e que agora asumen estas novas responsabilidades.

Na xuntanza Díaz Mouteira ofreceulle aos responsables da entidade diálogo e colaboración da Administración autonómica para continuar a traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, favorecer a súa integración na sociedade e apoiar ás familias. A delegada territorial lembrou a colaboración que na actualidade o Goberno galego mantén con esta entidade a través do concerto de prazas. En concreto, a Consellería de Política Social destina na actualidade máis de dous millóns de euros en poñer a disposición das familias 140 prazas nos centro de día e ocupacional, así como nas residencias para adultos e para persoas gravemente afectadas que a devandita entidade ten no lugar de Velle e no municipio da Peroxa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre