Inicio Galicia Díaz Mouteira presenta en Fitur as comarcas do Carballiño e do Ribeiro...

Díaz Mouteira presenta en Fitur as comarcas do Carballiño e do Ribeiro como un destino que unifica termalismo e enogastronomía

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou na presentación da campaña ‘Corazón termal’ organizada coa finalidade de promover as potencialidades turísticas deste xeodestino

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, salientou hoxe que o xeodestino O Carballiño-O Ribeiro é un destino que aglutina o mellor da Galicia interior e “no que o Goberno galego cree y polo que aposta”. Así, subliñou a riqueza termal e enogastronómica que ofrecen os concellos que pertencen a este xeodestino.

Durante a súa intervención, Díaz Mouteira destacou as numerosas festas que se celebran en estas terras, algunhas delas íntimamente ligadas coa gastronomía. Neste sentido, indicou que este xeodestino aglutina tres das preto de 120 festas de interese turístico galego e dúas das 12 festas de interese turístico nacional das que disfrutamos en Galicia. Referiuse, así, á Festa do Polbo, no Carballiño; á Festa da Istoria, en Ribadavia; á Festa do Pemento, en A Arnoia; á Festa do Pan de Cea, en San Cristovo de Cea; e, por último, á Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia.

A delegada territorial puxo en valor que este xeodestino acolla no seu territorio a Denominación de Orixe vitivinícola O Ribeiro, a máis antiga de Galicia e unha das primeiras recoñecidas en España.

A campaña turística do xeodestino O Carballiño-O Ribeiro baixo o título ‘Corazón termal’ ofrece un amplo e variado programa de actividades deseñado coa finalidade de promover as potencialidades turísticas da zona, centrándose este ano na súa riqueza termal. A delegada territorial invitou aos visitantes de Fitur a coñecer a variada oferta e a infraestrutura moderna y diversificada dos establecementos emprazados en Arnoia, Laias, Cortegada, Berán, Partovia, Carballiño ou Prexigueiro.

Marisol Díaz indicou que o apoio da Xunta aos distintos xeodestinos de Galicia ten por obxectivo “a diversificación da oferta e que a actividade turística sexa quen de dinamizar as economías locais, contribúa a poñer en valor os recursos naturais, culturais e etnográficos e que se sitúen como un instrumento eficaz de reequilibrio territorial, nomeadamente no rural galego”. Felicitou aos responsables deste xeodestino polo impulso que lle están dando e “por aproveitar as sinerxias de todo un territorio, sen reparar nos límites municipais e recurrindo á suma de esforzos e á cooperación institucional”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre