Inicio Galicia Díaz Mouteira participa en Muíños no xantar popular da festa gastronómica do...

Díaz Mouteira participa en Muíños no xantar popular da festa gastronómica do 'Galo Pica no Chan e Sopas do Burro Canso'

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu hoxe ao xantar popular da XV edición da festa do Galo Pica no Chan e da XXXI edición das tradicionais Sopas do Burro Canso que celebran no concello de Muíños a primeira fin de semana de agosto. Os asistentes a esta celebración gastronómica, que tivo lugar no polideportivo de Mugueimes, puideron gozar dun menú en cazola de barro composto por galo, empanada, pan e bica tradicional, ademais das tradicionais sopas de ‘burro canso’.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre