Inicio Galicia Díaz Mouteira mantén unha xuntanza co alcalde de Cortegada para analizar futuros...

Díaz Mouteira mantén unha xuntanza co alcalde de Cortegada para analizar futuros proxectos conxuntos no concello

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense segue a reunirse cos alcaldes e alcaldesas da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco Martínez. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes e alcaldesas da provincia que Díaz Mouteira iniciou o pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar o desenvolvemento dos proxectos conxuntos que se estean en marcha.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos Cortegada recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 2,3 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a este municipio máis dun millón de euros en materia de subvencións; máis de 790.000 euros en convenios; e case 550.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Díaz Mouteira subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron o acondicionamento da praza do Campo da Feira, obras de mellora do campo de fútbol, urbanización de vías e canalización de augas residuais do parque empresarial, participación en obradoiros de emprego xunto con outros concellos, a creación dunha Casa Niño, fomento da accesibilidade e sinalización de varios recursos turísticos, e mellora de camiños, entre outras actuacións realizadas no municipio de Cortegada.

A representante do executivo autonómico en Ourense fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle a Avelino Luís de Francisco todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre