Inicio Galicia Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo xerente da...

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo xerente da EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial Bernárdez, que relevou a Julio García Comesaña a primeiros deste mes de xullo.

A reunión foi unha primeira toma de contacto para analizar os temas asistenciais referidos á provincia e abordar o desenvolvemento do plan funcional e de espazos do CHUO, así como as distintas actuacións de mellora e reforma proxectadas tanto no ámbito hospitalario, en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, como nos centros de saúde da área ourensá.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre