Inicio Galicia Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Verea...

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Verea e analiza as demandas do municipio

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que iniciou logo da constitución das novas corporacións locais cos rexedores dos concellos da provincia


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Verea, José Antonio Pérez Valado. O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira a Pérez Valado, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que a delegada territorial iniciou a mediados do pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co fin de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

Marisol Díaz na súa primeira xuntanza co novo alcalde de Verea recordou os apoios de máis de 800.000 euros que a Xunta destinou a este concello, dos que máis de 325.000 a través de ordes de subvencións, a mesma cantidade aproximadamente vía convenios, e case 150.000 euros achegados ao abeiro de outras actuacións.

Dos proxectos realizados en Verea que recibiron achegas do Goberno galego nestes últimos anos, Díaz Mouteira subliñou os relativos a melloras do abastecemento de auga a varios núcleos de diferentes parroquias, acondicionamento de camiños rurais, construción dunha EDAR para o núcleo de Bangueses de Abaixo, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais e a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a José Antonio Pérez o seu desexo de continuar a traballar de xeito coordinado coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre