Inicio Galicia Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Ribadavia...

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Ribadavia e analiza as demandas do municipio

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos alcaldes da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Ribadavia, césar Fernández Gil, novo rexedor desta localidade. O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira a Fernández Gil, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que a delegada territorial iniciou a mediados do pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co fin de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

Marisol Díaz na súa primeira xuntanza co novo alcalde de Ribadavia recordou os apoios de máis de 4.250.000 euros que a Xunta destinou a este concello, dos que máis de 1,6 M€ foron a través de ordes de subvencións, case 400.000 euros vía convenios, e pouco máis de 2,2 M€ achegados ao abeiro de outras actuacións.

Dos proxectos realizados en Ribadavia que recibiron achegas do Goberno galego nestes últimos anos, Díaz Mouteira subliñou os relativos a melloras en centros educativos como a ampliación do IES O Ribeiro e as obras de rehabilitación enerxética no CEIP Plurilingüe da vila; actuacións no núcleo histórico; reparación da cuberta da igrexa e do convento de San Francisco, ou a mellora dos viais do parque empresarial. Ademais, destacou a recuperación da casa reitoral de Santo André de Campo Redondo para acoller o Museo do Viño, proxecto que se aprobou no último Consello da Xunta e que permitirá recuperar, conservar e difundir o patrimonio cultural do sector do viño en Galicia, un dos máis importantes da nosa Comunidade. Este edificio foi rehabilitado e equipado grazas a unha achega de preto de 2 millóns de euros feita polo Goberno autonómico.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Fernández Gil o seu desexo de continuar a traballar de xeito coordinado coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre