Inicio Galicia Díaz Mouteira mantén un encontro co alcalde de Paderne de Allariz para...

Díaz Mouteira mantén un encontro co alcalde de Paderne de Allariz para analizar os proxectos conxuntos no Concello que inclúen un novo centro de saúde e unha escola infantil

0

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos alcaldes e alcaldesas da provincia logo da constitución das novas corporacións locais


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández Gómez. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou logo da constitución das novas corporacións locais co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 8,6 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Paderne de Allariz case 400.000 euros en materia de subvencións; máis de 230.000 euros en convenios; e máis de oito millóns de euros pertencentes a outras actuacións.

A representante do executivo autonómico en Ourense subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a creación dunha escola infantil, a construción dun centro de saúde, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, a mellora de estradas e outras infraestruturas, entre outras actuacións.

Finalmente, Díaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar a executar proxectos de mellora no concello, insistindo nas “vantaxes da colaboración entre as distintas institucións, xa que sumando esforzos se poden levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns.”

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre