Inicio Galicia Díaz Mouteira destaca a importancia de que as empresas agrarias invistan en...

Díaz Mouteira destaca a importancia de que as empresas agrarias invistan en transformación e comercialización dos seus produtos

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe a industria cárnica O Rualdi, do concello de Maceda, que nos últimos anos apostou pola eficacia e eficiencia do proceso produtivo


A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, mantén aberta ata o 25 de febreiro a liña de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, buscan fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agroalimentarias galegas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde do concello de Maceda, Rubén Quintas, e do xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitou hoxe a industria cárnica ‘O Rualdi’, emprazada neste municipio ourensán. Esta empresa é unha das beneficiarias das axudas de transformación e comercialización de produtos agroalimentarios da pasada convocatoria.

Durante a visita, Díaz Mouteira, puxo en valor a aposta realizada polos seus promotores para ampliar e modernizar esta industria cárnica co obxectivo de ofrecer uns produtos embutidos de calidade. Así, nos últimos anos melloraron tecnoloxicamente a empresa, ampliaron as súas instalacións en máis de 200 metros cadrados, cunha redistribución de superficies e tarefas que aínda sen incrementar de forma importante a produción mellorou enormemente a eficiencia e eficacia do proceso produtivo. Ademais, mellorou a seguridade dos procesos e produtos cun incremento de cámaras , secadoiros e zonas de manipulación de materias primas e produtos.‘O Rualdi’ é unha microempresa familiar que conta con catro traballadores e que se dedica á produción de distintos produtos embutidos como chourizo de carne e de cebola, androlla e criollo, que nos últimos anos superaron os 70.000 quilos. A maior parte desta produción corresponde ao chourizo de carne (aproximadamente 45.000 quilos), seguido do chourizo de cebola (uns 25.000 quilos).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre