Inicio Galicia Díaz Mouteira destaca a importancia de mellorar o entorno do mosteiro de...

Díaz Mouteira destaca a importancia de mellorar o entorno do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo para a promoción turística deste concello ourensán

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou este monumento catalogado Ben de Interese Cultural (BIC)

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, considera fundamental a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas que teñan como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turísticas nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Realizou estas declaracións durante a visita que fixo, acompañada da xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, Sandra Quintas Vázquez, ao mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, un dos principais recursos turísticos deste concello ourensán e catalogado Ben de Interese Cultural (BIC).

O entorno deste monumento, que na actualidade acolle as dependencias municipais, recentemente foi obxecto duns traballos de mellora da iluminación ornamental e eliminación de cableado aéreo, ao abeiro dun convenio asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello.

Durante a visita, a delegada territorial explicou que o obxectivo deste tipo de convenios é dotar o medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible. Ademais, a actuación desenvolvida en Xunqueira de Espadanedo supón a valorización deste Ben de Interese Cultural.

O mosteiro foi románico nas súas orixes, pero a construción actual é posterior e realizouse entre os séculos XVI e XVII.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre