Inicio Galicia Díaz Mouteira define o salón Vinis Terrae como un escaparate excelente...

Díaz Mouteira define o salón Vinis Terrae como un escaparate excelente para a internacionalización do viño galego

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou na inauguración da oitava edición deste certame na que importadores e compradores de 14 países terán a oportunidade de coñecer as últimas anadas de preto de 50 adegas galegas

Durante dous días o recinto feiral de Expourense acolle a oitava edición de Vinis Terrae, Salón de Viños e Licores Galegos de Calidade. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá na inauguración do certame e incidiu na importancia do sector vinícola galego.

Díaz Mouteira destacou os bos datos de produción e comercialización do viño galego con selo de calidade no pasado ano. Así, sinalou que a produción comercializada en 2018 foi de 44 millóns de litros, cunha facturación que acadou os 220,6 millóns de euros. Ademais, a delegada territorial salientou a boa marcha das exportacións nos últimos tempos e apuntou que do total de litros comercializados, arredor do 20% saíron cara o mercado exterior.

Este salón pon en contacto directo aos 55 expositores, dos que 48 son adegas, con importadores procedentes de 14 países: Canadá, China, Colombia, España, Estados Unidos, Isla Martinica-Francia, México, Panamá, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Suiza.

Marisol Díaz enmarcou a colaboración da Xunta coa organización deste salón Vinis Terrae , pola súa condición de escaparate para a internacionalización e promoción dos viños galegos, na liña de apoios dirixidos ao sector.

Dentro do amplo programa de actividades que a Consellería do Medio Rural organiza durante estes dous días en Vinis Terrae destacan as catas comentadas dos viños gañadores dos Acios de Ouro, así como talleres prácticos específicos. Ademais, Agacal e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) contarán cun espazo propio na feira, na que terán presencia como expositores os premiados nas Catas dos Viños e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia 2018. A consellería tamén creará o túnel dos viños, con 54 metros cadrados onde se exporán e degustarán caldos galegos adheridos ás denominacións de orixe ou indicación xeográficas protexidas, así como augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Díaz Mouteira indicou que a Xunta completa a súa colaboración coa feira organizando diversas visitas a adegas e zonas produtoras de viño. O obxectivo é que os compradores coñezan tanto o produto coma os medios de produción e o entorno natural que lle proporcionan unha calidade única e diferencial aos viños galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre