Inicio Galicia Díaz Mouteira considera fundamental que as empresas reforcen a seguridade e saúde...

Díaz Mouteira considera fundamental que as empresas reforcen a seguridade e saúde laboral

0

A delegada territorial en Ourense participou na presentación da décimo cuarta edición de Previsel-Salón de Prevención e Seguridade Laboral que se celebra os días 24 e 25 en Expourense

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da décimo cuarta edición de Previsel, o Salón de Prevención e Seguridade Laboral, que acollerá Expourense os días 24 e 25 de abril. O obxectivo deste evento é fomentar a cultura preventiva non só entre os profesionais senón entre toda a sociedade en xeral.

Na súa intervención, Díaz Mouteira subliñou que a loita contra a sinistralidade laboral é unha prioridade para a Xunta de Galicia que traballa seguindo as medidas recollidas na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

A edición deste ano contará cunha trintena de expositores procedentes de Galicia na práctica totalidade e cómpre destacar a presenza en feira de asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e servizos de prevención, seguridade e emerxencias. A feira ofrece un completo programa con 30 actividades que teñen o obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades.

Previsel é un salón organizado por Expourense co patrocinio do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), un organismo autónomo integrado pola Administración autonómica e por axentes sociais e empresariais. Este ano o ISSGA organiza dúas xornadas dedicadas ao coidado das persoas con dependencia e á mobilización de persoas con capacidade reducida. O Goberno galego tamén colabora con esta feira dun xeito transversal co desenvolvemento dunha xornada sobre consellos antiobesidade e antitabaquismo da Consellería de Sanidade; as demostracións realizadas no Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Emerxencias; amais da visita do helicóptero do 061.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre