Inicio Galicia Díaz Mouteira asiste a unha representación de teatro social dirixida a...

Díaz Mouteira asiste a unha representación de teatro social dirixida a persoas dependentes da residencia de maiores Nosa Señora dos Milagres

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu á representación teatral da obra Petición de mano a cargo da compañía de teatro de Blanca Marsillach que tivo lugar na residencia de maiores Nosa Señora dos Milagres, no marco do programa de actividades de animación sociocultural que vén desenvolvendo durante todo o ano. A obra é un proxecto de teatro adaptado dirixido a persoas con capacidades diferentes, que conta co apoio da Consellería de Política Social. O obxectivo é converter a todos os espectadores en parte activa da montaxe teatral.

Díaz Mouteira estivo acompañada pola xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso. Nosa Señora dos Milagres, emprazada en Cabeza de Vaca, é unha das tres residencias de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre