Inicio Galicia Declarada como medida preventiva a ?situación 2? no incendio forestal activo no...

Declarada como medida preventiva a ?situación 2? no incendio forestal activo no municipio pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns

0

Esta situación operativa decrétase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais, neste caso ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2018.- A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Este incendio comezou ás 18,17 h. e, segundo novas estimacións, afecta máis de 50 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 1 tractor e 10 helicópteros. CONTROLADO Muíños Permanece controlado desde as 16,55 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 15 axentes, 34 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións. EXTINGUIDO A Gudiña Extinguido ás 20,35 h. o lume rexistrado no municipio da Gudiña, parroquia de Pentes, tras comezar esta madrugada ás 3,35 h. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada foi de 35,87 hectáreas. No lugar participan 5 axentes, 18 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.   

Leer más:  Un incendio originado en la chimenea de una casa en Vilalba (Lugo) termina sin causar heridas a las personas presentes