Inicio Galicia ?De tapas por Galicia? súmase á oferta turística para o outono coa...

?De tapas por Galicia? súmase á oferta turística para o outono coa combinación de experiencias enogastronómicas e urbanas

0

Turismo de Galicia promove as iniciativas das sete cidades, que celebran entre os meses de setembro e novembro diversos certames de cociña en pequeno formato


A oferta turística de Galicia para os meses outono suma unha nova edición do certame De tapas por Galicia, unha combinación de turismo enogastronómico e urbano que se celebra nas sete grandes urbes e que permite poñer en valor o traballo dos cociñeiros galegos, gozando das súas creacións en petiscos.

Co fin de promover esta iniciativa, Turismo de Galicia vén de editar un folleto que reúne a información dos diferentes concursos que se celebran de setembro a novembro na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo coa implicación dos hostaleiros, concellos ou entidades dedicadas á promoción do turismo provincial e municipal.

O público poderá elixir o mellor miniprato de cada cidade, que competirán despois na Gala Show Cooking para proclamar ao mellor cociñeiro de petiscos da nosa Comunidade. Trátase dunha gala concibida como un evento de cociña en directo que amosa o alto potencial dos profesionais galegos á hora de configurar unha oferta turística recoñecida e de calidade.

Leer más:  El Gobierno asegura que el tren de bajo coste de Renfe llegará a Galicia este año

Na última edición, alzouse co galardón Rubén González Vallejo, do restaurante El Cafetín de Pontevedra, coa súa tapa Vieira afumada ao carballo e loureiro sobre arroz de algas. Na gala tamén amosaron o seu talento Alejandro Martínez (Café Vanessa, Ferrol), Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña), Álvaro Pérez (ArteSana Gastrobar, Santiago de Compostela), Rafael Pérez (La Carpintería, Vigo), Bianca Coura, Gerson Iglesias e Pablo Domínguez (A Adega das Caldas, Ourense) e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

Novo Plan EnogastronómicoDe tapas por Galicia enmárcase no obxectivo da Xunta de Galicia por difundir a creatividade e innovación dos cociñeiros galegos como elemento de promoción do turismo urbano. Ten en conta tamén o feito de que os visitantes busquen de maneira habitual o achegamento á cultura galega a través da enogastronomía, onde a cociña en pequeno formato é unha opción cada vez máis valorada en calquera época do ano, permitindo así tamén afondar no compromiso de desestacionalización, eixo da Estratexia de turismo de Galicia 2020.

Leer más:  Detenido un hombre de 73 años responsable de un grupo dedicado al menudeo de heroína en la comarca de O Morrazo

Como parte das accións da folla de ruta do turismo galego inclúese, entre outras medidas, o impulso á enogastronomía cun marcado enfoque turístico dando cabida tanto á cociña de vangarda como á máis tradicional. Neste sentido, o Goberno galego está a traballar no Plan Enogastronómico, un compromiso para esta lexislatura que suporá un impulso ao sector.


- Te recomendamos -