Inicio Galicia David Trueba gaña o XIV premio Novela Europea Casino de Santiago

David Trueba gaña o XIV premio Novela Europea Casino de Santiago

0

‘Terra de campos’ acada o 75 % dos votos e imponse ás dos outros catro finalistas: Arantxa Portabales, Ida Hegazi, Pierre Lemaitre e Robert Seethaler

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, anunciaron hoxe en rolda de prensa celebrada na sede do Casino o nome da obra gañadora da XIV edición do Premio Novela Europea promovido por esta institución compostelá co patrocinio de El Corte Inglés e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase de Terra de campos, do escritor David Trueba (Ed. Anagrama), quen se impuxo coa súa novela ás outras catro finalistas: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantxa Portabales; Perdón, de Ida Hegazi; Recursos Inhumanos, de Pierre Lemaitre, e Toda unha vida, de Robert Seethaler.

Valentín García recordou que “o galardón será xa na súa vindeira edición Premio Novela Europea Camiño de Santiago e se abrirá tamén as cidades europeas de Moscova, Berlín, París, Vannes e Viseu, ademais de a outras tres españolas, o que supón un paso máis na promoción e proxección exterior de obras escritas en lingua galega“.

Como vén sendo habitual, o xurado do XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago estivo composto por tres seccións que debían elixir a obra gañador entre unha das cinco novelas europeas previamente seleccionadas por unha comisión de expertos. A sección A, cun peso do 40% na decisión final, intégrana todos os residentes, estudantes e persoas que desenvolvan a súa actividade profesional na capital de Galicia; a sección B, cun peso do 10%, inclúe todos as persoas asociadas ao Casino e a sección C, cun peso do 50%, confórmana representantes de distintos sectores sociais de Santiago e doutros países. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre