Inicio Galicia Daniel Asorey gaña a II edición do Premio de Relato Breve Nélida...

Daniel Asorey gaña a II edición do Premio de Relato Breve Nélida Piñón

0

Rosendo Cid e Xesús Fraga fixéronse acredores dos dous accésits cos que se dotou o galardón como novidade

O profesor e escritor Daniel Asorey Vilar é o gañador da II edición do Premio de Relato Breve Nélida Piñón, que convocan o Concello de Cercedo-Cotabade, a Consellería de Cultura e Educación e a Deputación de Pontevedra. Este ano o certame introduciu a novidade de dous accésits, que lles corresponderon a Rosendo Cid e Xesús Fraga.

O xurado, composto polo presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar, a profesora de Lingua Galega e Literatura Malores Villanueva Gesteira e a xornalista e escritora Ana Cabaleiro López, destacou a calidade das obras presentadas e o bo nivel dos relatos que concorreron a esta convocatoria.

O primeiro premio foi para Daniel Asorey pola obra Anatema, da que salientan “a arquitectura da trama” e “unha elaborada estrutura que mantén a tensión ata o final”, así como o equilibrio que sostén o relato. Anatema está situada en Santiago de Compostela, un espazo coñecido ao que o escritor dota “dunha nova dimensión que transcende a realidade”. As paixóns humanas e o gran lirismo dalgunhas pasaxes conforman unha historia trazada con mestría. Profesor de ensino medio, Asorey ten publicados varios relatos e conta xa na súa traxectoria con diversos premios de narración curta, o último o de Narrativa Breve Repsol, co que se fixo no ano 2016.

Leer más:  El viento, con rachas de más de 150 km/h , deja este miércoles en Galicia más de 160 incidencias

Os accésitsPola súa banda, 37 vidas breves deulle ao escultor Rosendo Cid Menor un dos accésits do galardón, por unha narración que recolle a historia dun grupo de persoas de xeito fragmentado, “escintileos de vidas contemporáneas que se cruzan e que dan como resultado achados profundos que obrigan ao lector a reflexionar”, segundo recolle a acta do xurado.

Con Roller Girl, o xornalista Xesús Fraga faise co outro accésit, por “un relato ben trabado a través dunha introspección psicolóxica que aborda temas sociais de interese”. Unha historia “aparentemente mundana”, segundo destaca o xurado, “dotada de intensidade e forza narrativa”.

O certameAo certame podían concorrer autores e autoras maiores de 18 anos de calquera nacionalidade, con obras orixinais e inéditas escritas en galego e cunha extensión mínima de 20 e máxima de 30 páxinas. Está dotado con 4.000 euros para o primeiro premio e mais con dous accésits de 1.000 euros cada un, ademais da publicación das obras seleccionadas.

Este concurso foi creado para promover a actividade literaria dos novos escritores e escritoras e ofrecerlles un escaparate para dar a coñecer as súas primeiras creacións. Ten tamén como obxectivo homenaxear a escritora que lle dá nome, Nélida Piñón, unha das autoras máis importantes da narrativa universal, de orixe galega, e que sirva como modelo para as xeracións de novos creadores.

Leer más:  Detenido un hombre en Lugo tras golpear a su pareja en presencia de su hijo menor que grabó la agresión

- Te recomendamos -