Inicio Galicia Da comezo o curso TecEuropa de especialización en financiamento comunitario para entidades...

Da comezo o curso TecEuropa de especialización en financiamento comunitario para entidades galegas

0

Máis 70 asistentes de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

Hoxe, tivo lugar a primeira xornada de TecEuropa, o curso de especialización en financiamento comunitario, dirixido a entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro que buscan unha especialización nesta materia. Este programa formativo posto en marcha en 2015 pola Fundación Galicia Europa (FGE) contribuíu, ao longo das súas nove edicións, á formación de máis de 185 profesionais e a consolidar e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, a través da cal compartir experiencias e coñecementos, así como desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Nesta primeira xornada, a directora da oficina en Bruxelas da FGE, Ana Ramos, deu a benvida aos máis de 70 asistentes de 37 entidades galegas a esta décima edición de TecEuropa, que por primeira vez, e por mor da Covid-19, desenvólvese nun formato completamente online.

Durante as cinco sesións que compoñen o programa, os asistentes poderán coñecer, a través de conferencias e sesións prácticas, da man de relatores da Comisión Europea e de expertos en financiamento comunitario, como o director de fondos europeos en FINNOVA, Juan Viesca, os detalles do novo período financeiro comunitario 21-27 e do novo instrumento temporal de recuperación “NextGenerationEU”.

Un temario que, como destacou Ana Ramos durante a súa intervención, resulta de gran importancia dada a situación actual, xa que os acordos que se adoptaron no seo da Unión, para loitar contra a pandemia e afianzar a recuperación económica, cambiarán as fontes de financiamento e reforzarán os obxectivos da Unión para a próxima década.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre