Inicio Galicia Cultura ofrece a Cidade da Cultura para difundir e conservar a biblioteca...

Cultura ofrece a Cidade da Cultura para difundir e conservar a biblioteca de Pardo Bazán, situada actualmente en Meirás

0

O conselleiro Román Rodríguez acaba de remitir unha carta aos herdeiros da familia Franco para trasladarlle a proposta dunha cesión gratuíta destes fondos, “de gran interese cultural”, á Biblioteca de Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de remitirlle unha carta aos herdeiros da familia Franco na que se lle ofrece a Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura para albergar os fondos da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, situados no Pazo de Meirás. Na misiva, o conselleiro Román Rodríguez explica que se trata duns documentos da propietaria primixenia do ben que teñen “un gran interese cultural”.

Neste sentido, a Consellería propón unha cesión de carácter gratuíto, co fin de facilitar así súa salvagarda futura e consulta, mediante a catalogación, dixitalización e posta a disposición da comunidade investigadora e do público en xeral.

En concreto, tal e como sinala o titular de Cultura, “consideramos que con esta cesión dos fondos bibliográficos de Pardo Bazán á Biblioteca de Galicia –biblioteca central do sistema galego de bibliotecas e centro de conexión da Rede de Bibliotecas Públicas co ámbito internacional– contribuirase a garantir a súa custodia e conservación en óptimas condicións”.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

Paralelamente, cómpre lembrar que o proceso para incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público está en mans da Administración xeral do Estado. De feito, e toda vez que a Xunta de Galicia –en cumprimento dun acordo parlamentario– xa remitiu o informe da Comisión de expertos ao Ministerio de Xustiza, os seguintes pasos deben ser valorados polo Goberno central. Precisamente, este asunto abordouse na reunión mantida o pasado outubro co ministro de Cultura.

A biblioteca de Pardo BazánA propietaria inicial das Torres de Meirás, a escritora galega Emilia Pardo Bazán, creou unha biblioteca con preto de 17.000 volumes dun alto valor bibliográfico e histórico. Unha parte substancial desa biblioteca foi doada á Real Academia Galega (RAG) en 1978, fondos que se poden consultar na Casa-Museo Pardo Bazán na Coruña, un espazo xestionado pola RAG.

O mesmo ano da doazón á RAG, a Torre de Meirás que albergaba a biblioteca sufriu un incendio que afectou, sen coñecer de xeito preciso a súa dimensión, ao conxunto da biblioteca. Actualmente calcúlase que restan na biblioteca arredor de 4.000 volumes, aproximadamente.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

- Te recomendamos -