Inicio Galicia Cultura licita en 126.000 euros as obras de restauración da igrexa da...

Cultura licita en 126.000 euros as obras de restauración da igrexa da Cruz do Incio obra do arquitecto Jose Luís Fernández de Amo

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos suporán unha remodelación integral do tempo xa que actuarase nas cubertas, renovando carpinterías e interiores, na fachada e na instalación eléctrica

A Consellería de Cultura e Turismo licita as obras de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio, emprazada no concello lugués do mesmo nome, para as que a administración autonómica reserva 126.000 euros. O portal de contratos públicos de Galicia publica hoxe a resolución na que se indica que as empresas interesadas teñen como prazo para presentar as súas ofertas ata o 5 de decembro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos consistirán na recuperación de cubertas e carpinterías, evitando a entrada de auga, mellora das condicións de humidade do edificio, novo illamento térmico, renovación integral da instalación eléctrica e resolución doutras patoloxías en varios dos seus espazos.

Ademais inclúe o remate dalgúns elementos que quedaron pendentes cando se inaugurou en 1963, como por exemplo, as escaleiras de acceso ao campanario. Tamén está previsto actuar no exterior, procurando a eliminación de cabreado eléctrico e outras instalacións que atravesan a fachada.

Obra de José Luís Fernández de AmoO proxecto de construción do templo corresponde ao arquitecto José Luis Fernández de Amo, un dos máis importes representantes da nova arquitectura española no século XX, que defendía as artes plásticas de vangarda e inclúe, ademais do propio edificio, o deseño do mobiliario, confesionarios, mesa de altar, ambón, pías bautismal e de auga bendita, candelabros e lámpadas.

Tamén participou o escultor José Luís Sánchez Fernández Pepus, que realizou a imaxe da Virxe Dolorosa, a Cruz Profesional e máis o Sagrario, o vidreiro José LuisGómez Perales, que realizou as vidreiras do Vía Crucis, e os irmáns Atienza que fixeron o resto das lucernarias do templo.

A igrexa de Cruz do Incio é unha estrutura de singular beleza na que pode percibirse un interesante diálogo coa arquitectura tradicional da zona polo emprego de materiais construtivos típicos como a lousa da cuberta, pedra e panos brancos nas fachadas e o uso da mármore do propio Incio no pavimento e noutros elementos do interior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre