Inicio Galicia Cultura inviste case 70.000 euros na restauración do retablo maior da igrexa...

Cultura inviste case 70.000 euros na restauración do retablo maior da igrexa do convento da Mercé, en Verín

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou os traballos que teñen un prazo de execución de 7 meses


Verín (Ourense), 4 de xullo de 2019.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou esta mañá a obra de restauración do retablo maior da igrexa do convento da Mercé, en Verín, que a Consellería de Cultura e Turismo ven de comezar a executar. Esta intervención da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que conta cun investimento de 67.375 euros, realízase co fin de garantir a protección e conservación deste ben, que constitúe un conxunto de referencia do patrimonio histórico-eclesiástico de Verín.

O retablo presentaba un estado de conservación preocupante en certas zonas, principalmente polo repinte xeneralizado da obra que oculta o ataque de xilófagos. Ante esta situación, o pasado mes de outubro a Consellería de Cultura asinou un convenio coa Comunidade Mercedaria de Verín para a posta a disposición dos inmobles necesarios para a restauración do retablo maior da igrexa do convento dos Padres Mercedarios. Na visita Díaz Mouteira estivo acompañada pola xefa territorial de Cultura e Turismo, Sandra Quintas Vázquez; e polo superior da Orde da Mercé, padre Orencio. A representante da empresa adxudicataria desta actuación explicou que a actuación ten un prazo de execución de sete meses. Os traballos que se van acometer teñen por obxectivo realizar estudos históricos e artísticos; estudos lumínicos e/ou radiográficos, así como análises de policromías; análise física-químicos; probas de solubilidade; protección e asentado de estratos polícromos, limpeza superficial e tratamentos antixilófagos; consolidación do soporte de madeira, carpintería de restauración e reintegracións volumétricas; limpeza da policromía; e reintegración do estrato de preparación e policromías do conxunto, vernizado e aplicación de protección final.

A representante do executivo galego subliñou o compromiso da Xunta co Galicia coa preservación do noso rico patrimonio cultural, do que forma parte este retablo que acolle o convento de Nosa Señora da Mercé, construído a raíz do traslado do edificio que os mercedarios tiñan na vila de Monterrei baixo a advocación de Santa María Magdalena. O interior do templo, de nave única, conta cun significativo patrimonio escultural. Destacan o coro e cinco retablos, catro deles laterais e o quinto situado no presbiterio. O retablo maior amosa o momento máis boiante, polo menos desde un punto de vista cultural, polo que pasou o convento a mediados do século XVIII. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre