Inicio Galicia Cultura e Turismo estuda coa Asociación Amigos de Santa Baia a restauración...

Cultura e Turismo estuda coa Asociación Amigos de Santa Baia a restauración do tellado desta igrexa de Ponte Caldelas

0


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo esta tarde unha reunión na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra coa Asociación de Amigos de Santa Baia de Ponte Caldelas co obxectivo de analizar a restauración do tellado da igrexa do século XVII desta parroquia.

Durante o encontro, no que tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, os veciños trasladáronlle ao responsable de Cultura o seu interese por recuperar o teito desta igrexa que se atopa en moi mal estado e que ameaza con causar graves prexuizos a esta construción barroca de gran valor cultural. A Asociación Amigos de Santa Baia leva tempo realizando actividades recaudatorias de fondos para poder acometela restauración e agardan agora contar co apoio económico da Xunta de cara a poder iniciar as obras no vindeiro mes de xuño, para o cal contan xa con licencia municipal e autorización de Patrimonio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre