Inicio Galicia Cultura e Turismo apoia o I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes

Cultura e Turismo apoia o I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes

0


A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), apoia o I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia, que se celebrará no CGAC do 29 de outubro ao 3 de novembro.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á mañá na rolda de prensa de presentación, na que quixo destacar "o apoio a unha iniciativa que contribúe á proxección internacional do audiovisual en galego", xa que o seu departamento "será o encargado de subtitular ao galego as curtas que nazan deste espazo colaborativo e de intercambio cultural e lingüístico, no que se darán cita case un cento de profesionais e estudantes do eido do audiovisual, tanto de Galicia coma do resto de España e do estranxeiro".

Participaron canda el na presentación a concelleira e a xerente de Turismo de Santiago, Marta Lois e Flavia Ramil, respectivamente; e os responsables de Kino Galicia, Miguel Moreda e Rosa Vázquez. Para máis información pódese consultar o Portal da Lingua Galega http://www.lingua.gal.

Leer más:  Gonzalo Louzao, concejal de Urbanismo, ocupará el cargo de nuevo conselleiro de Cultura en la Alcaldía de A Estrada

- Te recomendamos -