Inicio Galicia Cultura e Emigración sinalan a solidariedade dos galegos do exterior como chave...

Cultura e Emigración sinalan a solidariedade dos galegos do exterior como chave da súa prosperidade na presentación do libro “Hogar Español de Montevideo”

0

Román Rodríguez salienta que a obra de Manuel Losa representa ese labor “humanitario, solidario e altruista”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, basearon gran parte da prosperidade acadada polos galegos que emigraron a América a finais do século XIX e principios do XX na solidariedade que amosaron cos seus compatriotas que ían chegando aos seus países de destino, e aos que en moitas ocasións facilitaban un traballo e un lugar onde permanecer ata que se establecían definitivamente. Fixérono durante a presentación do libro “Hogar Español de Montevideo. Historia del “Buque Insignia” de la Colectividad Española en América a través de medio siglo”, do escritor uruguaio Manuel Losa, que tivo lugar nas propias instalacións do centro, creados a principios dos anos 60.

Ao acto, ao que tamén asistiron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o delegado da Xunta na Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro; o ministro consejero da Embaixada de España en Uruguai, Ignacio Aguirre de Cárcer; e o consejero de Empleo y Seguridad Social, Benito Díez Arce, entre outros destacados representantes da colectividade.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

Labor humanitario e altruístao máximo responsable galego de Cultura salientou que a obra de Losa representa e reivindica ese labor “humanitario, solidario e altruísta” dos galegos que emigraron e que se reflicte na propia traxectoria do Hogar Español de Montevideo e dos seus integrantes. Así mesmo, Román Rodríguez felicitou a Manuel Losa por esta publicación, así como por toda a súa traxectoria, tanto profesional como persoal, ligada á mundo da cultura e a Galicia.

Miranda, quen aproveitou para asinar un convenio co Hogar Español de Montevideo antes da presentación do libro dotado con 40.000 euros, celebrou, pola súa banda, que “ese sentimento protector cos nosos segue hoxe tan vixente como entón, pero agora no camiño inverso, o retorno, para acoller os galegos e os estranxeiros que buscan un futuro en Galicia, que son cada día máis”. “Son os propios retornados e mesmo aqueles que non teñen vínculos de sangue coa nosa terra quen guían aos recen chegados e os axudan a atopar en Galicia o seu oco”, sinalou o responsable de Emigración.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

Un saldo migratorio positivoAs últimas cifras oficiais do padrón de habitantes de Galicia reflicten que só o ano pasado chegaron á comunidade autónoma preto de 5.000 estranxeiros , cifras que se complementan coas últimas oficiais que hai de retorno, que situaban a cantidade de galegos que regresaron a Galicia en 2016 en 5.125, e que contribuíron a deixar un saldo migratorio positivo en 3.025 persoas.

Encontros coa colectividadeLogo da presentación, os representantes do Goberno galego visitaron o Centro Gallego de Montevideo, onde mantiveron un encontro cos socios e directivos e, a continuación, desprazáronse ao Centro pontevedrés da capital uruguaia, cuxas instalacións percorreron antes de reunirse cos seus responsables e asociados. 


- Te recomendamos -