Inicio Galicia Ourense Cultura colabora cos premios Rebulir da Cultura Galega, que abren o prazo...

Cultura colabora cos premios Rebulir da Cultura Galega, que abren o prazo para o envío de candidaturas

0


Os Premios Rebulir da Cultura Galega, promovidos polo colectivo cultural Rebulir, celebran unha nova edición co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Así llo confirmou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ao presidente do Festival Internacional Rebulir, Alexandre Sotelino, quen confirmou a entrega dos galardóns no propio marco da gala central do festival, o próximo 22 de decembro.

Os galardóns, que nacen no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións, teñen como un dos seus principais obxectivos a proxección exterior do nome de Galicia, nomeadamente a través do establecemento de vínculos interculturais e de raíz. As candidaturas a estes premios poden ser enviadas por colectivos ou particulares ata o 15 de xullo de 2018, nas categorías de Música Galega, Artes Escénicas / Patrimonio e Homenaxe. A Deputación Provincial de Ourense, o Parlamento de Galicia e o Concello de Ramirás tamén apoian esta iniciativa.

Leer más:  Un rayo alcanza a un avión en pleno aterrizaje en Vigo y provoca un retraso de más de siete horas en el vuelo siguiente

- Te recomendamos -