Inicio Galicia Cristina Pichel gaba a capacidade de superación das persoas participantes no Open...

Cristina Pichel gaba a capacidade de superación das persoas participantes no Open Náutico Esfuerza da Fundación María José Jove

0

Valorou a importancia do deporte inclusivo para o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, a súa autoestima e xerar hábitos saudables  

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, felicitou a todos os participantes no quinto Open Náutico Esfuerza organizado pola Fundación María José Jove e a Obra Social La Caixa, que se celebrou desde o venres ata a xornada de hoxe en augas da baía da cidade herculina. Cristina Pichel valorou a capacidade de superación e o tesón dos deportistas que se deron cita neste evento.

A directora xeral tamén agradeceu á Fundación María José Jove o seu importante traballo en favor do benestar e a integración das persoas con discapacidade, neste caso a través da práctica do deporte. Ao respecto, indicou que actividades como este Open Náutico non soamente contribúen ao desenvolvemento persoal e social destas persoas, senón que tamén melloran a súa autoestima e xeran hábitos saudables a través da actividade física.

Durante este Open Náutico leváronse a cabo competicións de vela e piragüismo adaptado dirixidas a persoas con diversidade funcional. Trátase dun evento único en Galicia que se enmarca dentro do programa Esfuerza da Fundación María José Jove, unha iniciativa que permite cada ano a práctica de deportes naúticos a máis de 750 persoas da toda a área da Coruña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre