Inicio Galicia Cristina Pichel entrega os carnés xoves aos correspondentes universitarios do campus de...

Cristina Pichel entrega os carnés xoves aos correspondentes universitarios do campus de Ourense

0


Ourense, 23 de abril de 2019.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, entregou esta tarde os carnés xoves ás mozas e mozos que difunden información xuvenil entre o estudantado do campus de Ourense a través do programa Correspondentes Universitarios. Esta iniciativa conta cunha trintena de participantes nos campus da Universidade de Vigo e, a maiores, tamén funciona nos da Universidade da Coruña e en breve se estenderá a Santiago de Compostela. Así mesmo, Cristina Pichel coñeceu hoxe o traballo que desenvolven os correspondentes xuvenís do CIFP de Portovello. En Ourense, ademais deste centro, tamén participan neste programa o CIFP A Farixa e o CPR Divina Pastora.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre