Inicio Galicia Corina Porro renova o compromiso da Xunta co sector naval: ?apoiaremos a...

Corina Porro renova o compromiso da Xunta co sector naval: ?apoiaremos a continuidade da actividade industrial no estaleiro?

0

Recorda que o proceso de liquidación vén motivado por unha decisión do propio estaleiro, polo que será o administrador xudicial o encargado de avaliar a situación


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe no seu despacho aos representantes do comité de empresa de Vulcano que se concentraron este luns ás portas da sede institucional para abordar con eles a situación actual do estaleiro, que se atopa en fase de liquidación.

Durante a reunión, a representante autonómica renovou o compromiso do Goberno galego co naval, con Vulcano e co resto do sector, consciente do papel estratéxico que este desempeña especialmente na comarca viguesa. “Acompañaremos aos traballadores en todo o proceso concursal, atoparannos ao seu carón como vén sucedendo ata o de agora”, aseverou, para recordar que o proceso vén motivado por unha decisión do propio estaleiro. Asemade, adquiriu o compromiso de mediar co Porto de Vigo nos temas que sexan da súa competencia.“O Goberno galego ten demostrado en todo momento que a súa prioridade é velar pola continuidade da actividade industrial e os dereitos dos traballadores, e eles ben o saben“, apuntou en clara referencia ás declaracións públicas do comité de empresa de Vulcano. Segundo dixo, a postura da Xunta se mantén inalterable desde o primeiro momento, avogando sempre pola continuidade da actividade no estaleiro.

Tras afirmar que na Administración autonómica “non mudamos de postura respecto a un sector que consideramos prioritario”, aclarou que, pese a que o Goberno galego está a facer todo o que pode, a avaliación da situación concreta do estaleiro correspóndelle ao administrador xudicial. “Pola nosa parte apoiaremos calquera oferta seria e viable que se presente”, subliñou, para insistir en que o obxectivo da Xunta sempre foi “manter a actividade industrial nesas instalacións”.“Seguiremos axudando en todo o que sexa necesario para que o procedemento se desenvolva con normalidade, polo que é preciso deixar traballar ás partes desde a prudencia e a seriedade que se merece esta situación”, aseverou.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre