Inicio Galicia Corina Porro reitera o firme e evidente compromiso da Xunta a prol...

Corina Porro reitera o firme e evidente compromiso da Xunta a prol do diálogo co Concello de Vigo polo ben da cidade e dos vigueses

0

A delegada territorial espera que o anuncio do alcalde de “abrir un escenario de acordos, diálogo e cumprimentos” non se quede só nun anuncio, senón que o leve a cabo polo ben de todos os cidadáns vigueses

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, volveu a reiterar hoxe o firme e evidente compromiso do Goberno galego a prol do diálogo co Concello de Vigo, dixo, “polo ben da cidade e dos vigueses”. Neste senso, a representante autonómica espera que o anuncio do alcalde de “abrir un escenario de acordos, diálogos e cumprimentos” non se quede só nun anuncio, senón que o leve a cabo polo ben de todos os cidadáns vigueses. Na súa opinión, as administracións deben traballar unidas “para dar o mellor servizo aos galegos”.

Corina Porro recorda ao alcalde de Vigo que cando o obxectivo é o de abrir vías de diálogo con outras administracións, “a imposición e os condicionantes non son a mellor maneira de comenzar, posto que son en si mesmas un obstáculo para o consenso”. Na súa opinión, tras coñecerse as reclamacións feitas este mesmo luns polo alcalde en rolda de prensa e vía misiva, algunhas delas “deben resolverse nunha mesa técnica, mentres que as outras deben ser froito do diálogo”. Aínda con todo, reitera que calquera cuestión debe abordarse desde a máis estrita legalidade.

Así, respecto a candidatura das Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade apuntou que a da Xunta de Galicia é a única rexistrada na Unesco, polo que solicitar la eliminación dunha candidatura xa incorporada a lista indicativa “é perxudicial” para a consecución deste obxectivo. Así, reiterou que se segue a avanzar no proceso para acadar a finalidade común de formar parte, como ben natural, do selecto club do Patrimonio Mundial.

En canto ao proxecto de rehabilitación e transformación da contorna urbana da Gran Vía, Corina Porro recordou que no ámbito de desenvolvemento desta intervención atópanse edificios que forman parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e outros que estaban incluídos no Catálogo do PXOM do 2008, hoxe anulado pola Xustiza. Segundo explicou, esta obra está por tanto sometida á Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Esto implica, dixo, que deberá presentar unha nova proposta para o bulevar da Gran Vía que faga compatible a conservación do patrimonio urbano coa súa transformación, tal e como lle reclamaron os técnicos de Patrimonio. “Débese facer unha reformulación do proxecto axustado aos criterios definidos na Lei de Patrimonio Cultural”, indicou.

Atendendo ás críticas del alcalde sobre o novo sistema de cofinanciamento dos centros de día e as escolas infantís, cuxas competencias comparten ambas administracións, Corina Porro sinalou que o actual modelo, aprobado en 2017 por unanimidade por todos os grupos políticos representados na Fegamp, é máis favorable que o anterior e obrigatorio para todos os concellos que forman parte do Consorcio como é o caso de Vigo. Neste senso, a delegada recordoulle ao Concello vigués que lle debe ás arcas autonómicas 1,35 millóns de euros desde que decidiu unilateralmente deixar de pagar as liquidacións do Consorcio e as recorreu ante a Xustiza.

Transporte metropolitanoOutro dos puntos aos que fixo referencia Corina Porro ten que ver coa sentenza que anula o requisito do empadroamento para obter a Pass Vigo, o segundo varapao xudicial recibido polo goberno municipal de Vigo en relación con este asunto tras un pronunciamento anterior pola súa negativa a adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano nos termos comprometidos. Así, recordou que é a lexislación estatal do 1987 a que di que os transportes regulares son un servizo público que pode ser utilizado sen discriminación, por calquera persoa que o desexe nas condicións establecidas nesta lei e nas normas ditadas para a súa execución e desenvolvemento.

Segundo dixo, “a falta de visión metropolitana do transporte público é unha actitude contraria aos propios intereses de Vigo”, cuxos veciños poderían aforrar ata 1.000 euros ao ano nos seus desprazamentos de terse o concello adherido ao Plan Transporte Metropolitano, tal e como se comprometera o alcalde coa Xunta. Con todo, a delegada reiterou o ofrecemento da Goberno galego para a súa futura incorporación.

En canto á petición de retirar o recurso contencioso administrativo contra a Área Metropolitana, insistiu en que a Lei impulsada no 2012 polo Goberno galego establece que o órgano ten que nacer desde o principio despregando todos os seus efectos, “polo que é fundamental darlle un transporte público e máis barato aos veciños”. Así, aclarou que mentres que o Concello de Vigo non asuma o Plan de Transporte Metropolitano, tal e como recollen os tribunais nas respectivas sentenzas ao respecto, este organismo non poderá entrar en funcionamento.

Respecto á derogación solicitada da taxa sobre a presa de Eiras, a representante autonómica lembrou que Augas de Galicia asume os custos de xestionar e manter no estado axeitado o encoro de Eiras, mentres que o Concello de Vigo cobra tanto aos usuarios como aos concellos beneficiados polo servizo de abastecemento de auga que lles presta a través dunha concesionaria. Recordou así que trátase dunha taxa creada pola lexislación estatal en materia de augas que debe aplicarse en Galicia aos beneficiarios da explotación e conservación dos encoros de titularidade da Xunta.

Nesta liña,reiteroulle ao Concello a posibilidade de asinar un convenio coa Xunta para pasar a ser titular da xestión e do mantemento do encoro, evitando así o pago do canon de regulación. Segundo dixo, Vigo é o único concello que se nega a aceptar a súa obriga de aboar o canon de regulación, que a Xunta empezou a aplicar en 2014, e polo que a Administración olívica adeuda xa máis de 3 millóns de euros a Augas de Galicia.

Pavillón de Matamá e accesos ao CEIP Párroco Don CamiloXa para rematar, referiuse á aplicación da Lei de Medidas en Materia de Proxectos Públicos de Urxencia ou de Excepcional Interese para executar o pavillón de Matamá e o arranxo dos acceso ao Colexio Párroco don Camilo, para os que dixo que o goberno local non ten ningún impedimento para levalos a cabo. Segundo expuxo, o Concello debe amparar a súa execución na tramitación e redacción dun plan parcial, un plan especial de infraestruturas o, a través dunha modificación do Plan Xeral, como está a facer para o proxecto do Barrio do Cura, “sen necesidade, por tanto, de aplicar ningunha medida extraordinaria”.“Non rexeitamos a aplicación da devandita lei, simplemente que é unha normativa pensada para actuacións doutras administracións distintas ás locais e sen competencias urbanísticas, caso da ampliación do Polígono de Balaídos por parte de Zona Franca ou da Estación Intermodal promovida pola Xunta de Galicia, nos municipios que carecen de planeamento xeral”, aclarou.

Tras recordar, en resposta a outra das reclamacións do alcalde, que a modificación das leis son competencia dos grupos parlamentarios, a delegada territorial manifestou o seu compromiso de explorar todas as vías de entendemento posibles co Concello vigués co obxectivo común de que salgan gañando Vigo e os vigueses. “Por moito que o alcalde intente minimizar a inversión da Xunta na cidade, o certo e que a administración que máis inviste en Vigo, máis que calquera outra administración, e isto é visible a ollos de calquera”. “Vaia por diante a nosa vontade de camiñar xuntos”, dixo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre