Inicio Galicia Corina Porro presenta o proxecto do Special Olympics Galicia ?Carlota prepara o...

Corina Porro presenta o proxecto do Special Olympics Galicia ?Carlota prepara o Camiño cara ao Xacobeo 2021?

0


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, presentou hoxe na Asociación Galega San Francisco o proxecto do Special Olympics “Carlota prepara o camiño de cara ao Xacobeo 2021”.

A Administración autonómica colabora nesta iniciativa do Special Olympics Galicia a través do programa O Teu Xacobeo da Axencia Galega de Turismo, fomentando así actuacións que promoven a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual.

Este proxecto contará coa participación de 294 persoas con discapacidade intelectual que se adestrarán por 14 rutas do Camiño de Santiago, preparándose fisicamente para afrontar o vindeiro Ano Santo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre