Inicio Galicia Corina Porro invita ao goberno socialista de Vigo a buscar con urxencia...

Corina Porro invita ao goberno socialista de Vigo a buscar con urxencia unha alternativa á falla de aparcamento no Casco Vello

0

Anuncia un novo pulo á rehabilitación integral do barrio histórico a través de distintas medidas, que implican a revisión do Plan de Actuación 2018-2024


A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, invitou hoxe ao Goberno socialista de Vigo a buscar con urxencia unha alternativa á falla de aparcamento no barrio histórico. “As familias e as empresas interesadas en establecerse nos seus locais precisan unha resposta a esta cuestión”, aseverou a representante autonómica, quen recordou que na súa etapa como alcaldesa planificouse a recuperación da concesión do antigo estacionamento de Porta do Sol para tal fin.“Tendo en conta que co actual proxecto de peonalización non é viable recuperar esta proposta, invito ao alcalde de Vigo a que se sume á preocupación da Xunta e busque unha alternativa”, sinalou. A máxima responsable do organismo rehabilitador pronunciouse nestes termos coincidindo coa presentación do proxecto arquitectónico de Elduayen 31, unha das obras de maior envergadura acometidas ata o día de hoxe polo ente.

Segundo detallou, a inversión ascende a preto de 700.000 euros e suporá a construción de 6 novas vivendas, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.

Por outra banda, a representante autonómica aproveitou a presentación para anunciar un novo pulo á rehabilitación integral do barrio histórico a través de distintas medidas e actuacións, que implican a revisión do Plan de Actuación2018-2024 e unha reforma da xestión dos locais comerciais.

Neste senso, recordou que o programa de actuacións financiase principalmente coa venta de vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo e coas aportacións da Xunta de Galicia nun 90 por cento e o Concello nun 10 por cento. Asemade referiuse ao compromiso do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de incrementar a partida prevista de 200.000 ata os 400.000 no vindeiro ano. “Acabamos de aprobar un presuposto de preto de 4 millóns de euros, fronte ao millón que xestionamos neste 2019, e o obxectivo non é outro que o de axilizar ao máximo a recuperación integral do barrio histórico”, apuntou a presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo. “Só no tempo que eu levo o fronte do organismo dúas familias máis trasladáronse ao barrio, que xa veu nacer a unha vintena de cativos desde a súa creación”, celebrou.

Corina Porro, quen asegurou que tan importante é que se rehabiliten os edificios coma que o Casco Vello volva a ter vida propia, marcouse o obxectivo de que non haxa “un local máis baleiro”.

Resumen CCVVDesde que en 2005 botase a andar o Consorcio Casco Vello de Vigo, adquiríronse 78 inmobles situados dentro do seu ámbito de actuación (fixado polo PEPRI). Destes, 60 xa están totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos (7 deles rehabilitados polo CCVV), 6 están en proceso de construción e en 7, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron os labores de rehabilitación. Estas actuacións suman 106 vivendas promovidas, das que 93 foron vendidas e o resto están en distinta fase de execución.

En canto aos locais comerciais, interveuse en 32 (6 están vendidos, 10 alugados e 16 baleiros). O investimento total desde a súa constitución supera os 40 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre