Inicio Galicia Corina Porro entrega os premios da liga infantil e o campionato de...

Corina Porro entrega os premios da liga infantil e o campionato de Nadal no Campo de Golf ría de Vigo, en Domaio

0


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, foi a encargada de entregar onte os trofeos da liga infantil e o tradicional campionato de Nadal no Campo de Golf Ría de Vigo, en Domaio (Pontevedra).

Na proba deste domingo participaron máis de 80 nenos e nenas de entre 1 e 17 anos nas diferentes modalidades de xogo en liza, e houbo agasallos para todos os participantes por parte da Xunta de Galicia e as demais entidades colaboradoras.

En dezaoito buratos destacou Tomás Calvar Fernández, do Real Club Aeroclub de Vigo e o mellor xogador en 9 buratos foi Álvaro de la Cuesta Mesejo, do Club de Golf Ría de Vigo. En 5 buracos Rodrigo Álvarez Mella fíxose coa vitoria, mentres que o golfista David Pérez Álvarez alzábase no podio de 3 buracos. Na modalidade de ‘Pitch and put’ o gañador foi Hugo Rodríguez Domínguez.

En canto á liga, o gañadora en 9 buracos foi Ishel Nieto Rodríguez, e en 5 Álvaro Blanco Aparicio.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre