Inicio Galicia Corina Porro comprométese a corrixir as deficiencias detectadas no Conservatorio Superior de...

Corina Porro comprométese a corrixir as deficiencias detectadas no Conservatorio Superior de Música de Vigo

0

A delegada territorial da Xunta recibiu hoxe ao alumnado do centro dependente da Administración autonómica que lle trasladou as súas demandas


A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, comprometeuse hoxe co alumnado do Conservatorio Superior de Música da cidade a corrixir as deficiencias detectadas neste centro dependente da Administración autonómica.

A representante do Goberno galego tomou boa nota das demandas que, segundo informou, serán trasladadas de forma inmediata á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para darlles resposta a través da inspección educativa.

En canto ás deficiencias estruturais nas instalacións, Corina Porro informou aos alumnos que serán arranxadas tras a valoración dos técnicos. A este respecto, sinalou que lle trasladará á Consellería a necesidade de que dentro da partida de reparacións de ensinanzas artísticas exista unha dotación para melloras nas instalacións do Conservatorio Superior de Música nos orzamentos do 2020. Entende a delegada que o edificio precisa da reforma demandada en aras da correcta realización da docencia e da interpretación musical a todos os niveis.

En canto ao reforzo do cadro de profesores, Corina Porro, adiantou que solicitará a súa valoración co obxectivo de dar solución ás incidencias acaecidas neste curso en base ás demandas manifestadas polo alumnado. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre