Inicio Galicia Corina Porro anuncia a instalación de baños adaptados a persoas ostomizadas nos...

Corina Porro anuncia a instalación de baños adaptados a persoas ostomizadas nos servizos autonómicos da cidade de Vigo

0

A delegada territorial explica que o obxectivo do Goberno galego é que as persoas ostomizadas poidan empregar os aseos dos edificios públicos en condicións de igualdade, seguridade e comodidade

A Xunta desenvolverá na cidade de Vigo un proxecto de implementación de baños adaptados para persoas ostomizadas en distintas dependencias autonómicas. Así o anunciou hoxe a delegada territorial da Xunta, Corina Porro. Deste xeito continuarase co proxecto iniciado hai anos polo Goberno galego polo que se adaptaron os baños dos hospitais do Sergas, convertendo a Galicia na Comunidade pioneira en España nesta materia.

A representante autonómica explicou que a iniciativa comezará nas dependencias da Delegación Territorial en Vigo, e que se instalarán aseos adaptados no novo edificio xudicial que ten en construción a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza na cidade; e o futuro albergue de peregrinos proxectado pola Consellería de Cultura e Turismo na Ribeira do Berbés.“Este é só o inicio, xa que a futuro estudarase outros servizos autonómicos de distintas Consellerías, onde realizar esta adaptación, en función do número de usuarios, tempos de espera e servizos prestados”, apuntou.

Neste sentido, tal e como indicou, o obxectivo do Goberno galego é “mellorar a calidade de vida destes enfermos e contribuír a facer efectivos os seus dereitos, cumprindo a lei de accesibilidade para que poidan utilizar os aseos dos edificios públicos en condicións de igualdade, seguridade e comodidade, co fin de aumentar a súa autonomía persoal e vida independente”.

Corina Porro subliñou que a Xunta involucrouse desde o principio coa iniciativa e invitou ao resto de administracións, servizos públicos e empresas privadas a que adapten os seus baños como medida para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Crohn ou colite ulcerosa ás que se lle practicou unha ostomía por complicacións relacionadas coa súa enfermidade.

Cómpre lembrar que estes aseos foron deseño exclusivo dunha empresa galega que contou coa colaboración da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre