Inicio Galicia Corina Porro anuncia a construción dun centro integral de saúde nos xulgados...

Corina Porro anuncia a construción dun centro integral de saúde nos xulgados de Vigo cando bote a andar a cidade da xustiza

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca que o novo CIS, que levará o nome da primeira médico licenciada galega Olimpia Valencia, representará unha oportunidade de mellora e incremento dos servizos sanitarios actuais na zona

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe a construción dun novo Centro Integral de Saúde (CIS) no edificio que agora alberga os xulgados na rúa Lalín, que se trasladarán á Cidade de Xustiza en canto estea rematado o importante investimento que está a levar a cabo a Xunta no antigo Hospital Xeral para albergar dotacións xudiciais.

A representante autonómica destacou que novo CIS, que levará o nome da primeira médico licenciada galega, Olimpia Valencia, representará unha oportunidade de mellora dos servizos sanitarios da cidade. Segundo apuntou, por unha banda permitirá substituír os centros sanitarios que quedaron obsoletos e, por outra, incrementar os servizos que actualmente se prestan á poboación.

Así, recordou que na zona de influencia do edificio dos xulgados existen tres centros de saúde, o de López Mora, situado nun edificio da Tesourería da Seguridade Social, nun estado deficiente en canto a infraestrutura; o Nicolás Peña, que está limitando a incorporación de servizos hospitalarios á cidade; e o de Pintor Colmeiro, actualmente saturado e sen capacidade de crecemento.

Segundo indicou Corina Porro, este novo edificio, de máis de 6.000 metros cadrados e seis plantas, ten a capacidade de integrar a totalidade dos actuais centros de saúde de López Mora e Nicolás Peña, e a posibilidade de incorporar algúns elementos do centro de saúde Pintor Colmeiro, ampliando os programas do actual centro de saúde que permanece na zona.

Deste xeito, resumiu que o futuro Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia unificará a atención sanitaria do barrio de As Travesas de Vigo, ao tempo que se amplía e melloran os servizos sanitarios que se prestan na actualidade, beneficiando a unha poboación de 42.000 persoas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre