Inicio Galicia Cores Tourís visita as obras das novas oficinas de Consumo que estarán...

Cores Tourís visita as obras das novas oficinas de Consumo que estarán situadas no edificio administrativo de Campolongo

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que agárdase poñer en marcha o servizo nesta ubicación ao longo do próximo mes de abril


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras que se están a realizar na Delegación Territorial da Xunta en Campolongo co obxectivo de trasladar as oficinas de Consumo.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado da secretaria territorial da Delegación, Ana Ortiz, así como do xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro.

Os traballos supoñen o acondicionamento interior da antiga área de laboratorio de Saúde Pública como zona para a instalación de 22 postos de traballo destinados ao Servizo de Consumo, “de cara a mellorar a atención aos administrados e por suposto, de mellorar en canto a accesibilidade para persoas con mobilidade reudicida, dando así cumprimento ao noso compromiso con asociacións coma Cogami”, explicou Cores Tourís.

O orzamento para esta obra rolda os 47.100 euros. “Agardamos que os traballos rematen nas próximas semanas, xa que o noso obxectivo e que o traslado das antigas dependencias de este servizo se poida levar a cabo ao longo do mes de abril”, engadiu o delegado territorial.

Os traballos supoñen o movemento e recolocación do mobiliario e equipamento existente, a retirada das luminarias e a súa substitución por led, a modificación da sinalización actual, o peche dunha estancia con tabiquería, a construción dunha sala de reunións con mamparas de vidro, a colocación dun novo pavimento laminado e rodapé, así como o pintado dos paramentos verticais e os axustes na instalación eléctrica.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre