Inicio Galicia Cores Tourís visita as actuacións no concello de Meis das obras executadas...

Cores Tourís visita as actuacións no concello de Meis das obras executadas no Plan marco 2017-2018

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou os camiños de Penente, O Pazo, Paiendes e Zacande aos que se destinaron un total de 68.300 euros


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá as obras executadas dentro do Plan Marco 2017-2018 a través das cales puidéronse mellorar os camiños de Penente, O Pazo, Paiendes e Zacande, onde a Xunta de Galicia investiu 68.300 euros. Na visita estivo acompañado polo alcalde do municipio, José Luis Pérez, e polo xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo.

A obra consistiu na mellora dos firmes dos catro camiños incluídos no proxecto. En total, prevese levar a cabo unha intervención ao longo de 1.115 metros, cun ancho medio de firme de case cinco metros e unha superficie total de 6.125 metros cadrados.

Os traballos de mellora que se levarán a cabo supuxeron a aplicación de aglomerado en quente nos camiños. O delegado territorial agradeceu o esforzo do concello para conseguir os terreos necesarios para executar a obra.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

No caso dos traballos en Paiendes, Zacande e O Pazo-Nogueiró de Abaixo, foi necesaria a revocación do firme anterior e a aplicación dunha capa de firme a base de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. No lugar de Penente, ademais da mesma obra, tamén foi necesario reformar os laterais que se atopaban en terra, abrindo caixas para posteriormente dotar ao camiño dunha base de zahorra artificial para a aplicación posterior de aglomerado en quente.

Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, o Plan Marco ten como “obxectivo ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso dos agricultores e gandeiros as súas parcelas”. Deste xeito, facilitarase a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Por outra banda, no presente ano, o concello de Meis está a executar melloras nos camiños de Arosa, Guimeráns e Talide, onde se investirá unha cantidade similar á adxudicada para 2017 e que permitirá levar a cabo unha intervención global ao longo de 1.120 metros.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

En total, para a provincia de Pontevedra, o investimento do Plan Marco ascenderá no presente 2018 a algo máis de 3,2 millóns de euros. 


- Te recomendamos -